Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Corcubión

Boca de Sapo lanza a “Declaración Monte Cambeiro” pola Día do Medio Ambiente

No Día Mundial do Medio Ambiente (este sábado 5 de xuño), o Colectivo Eco Social Boca de Sapo quixo enviar unha “mensaxe urxente ao mundo”. A “Declaración Monte Cambeiro” é pura literatura, debullada por un Álex López que así nos le o manifesto dende o corazón da reforestación corcubionesa.

Declaración Monte Cambeiro

Aquí, desde o medio desta realidade incómoda. Após a deseucaliptización das especies alóctonas e invasoras, a Asociación Boca de Sapo comunidade eco social e cultural quere lanzar unha mensaxe urxente ao mundo:

Ante a necesidade cada vez máis patente que, ou mudamos o noso xeito de estar e de ser no planeta ou a natureza decidirá seguir a canle da historia sen nós. 

Ante a evidente vulnerabilidade que a pandemia amosou do noso modelo de producción, do noso tecido socio económico e cultural, en definitiva, da vulnerabilidade do capitalismo depredador de recursos. 

Ante o noso medo a que todo mude para que nada mude, ante o espectáculo bochornoso da política corporativista. 
Queremos evitar que todo se repita unha e outra vez.

Por isto

Declaramos:

- Primeiro:

 Respirar: 

*Axenda Verde Urxente

Volver a ter os ollos da cor da terra. Eliminar nosa pegada invasora nun acto de humildade ante todo o visíbel e invisíbel que forma noso planeta. Encher as mans de auga coa salitre revolucionaria da fraternidade. Abrir as canles para desafogar os ríos. Deixar voar os soños como paxaros libres.

Respirar, volver a respirar, a pleno pulmón o ár autóctono dos soutos e carballeiras. Reclamamos políticas públicas. Mudar o xeito de consumo. O cooperativismo frente ao corporativismo, O colectivo frente ao individual. O abrazo á natureza en armonía. A reconciliación con ela. 
Que o vento, que a terra, que o mar non sexa de ninguén e que sexa de todas.

Segundo:

Revolucionar:

*Outro Desenvolvemento é Imprescindíbel

Desacelerar. Frear o desenvolvemento voraz e insaciábel. Camiñar xuntos, soberanos, autoxestionados, solidarios coas aldeas globais do mundo cara outro desenvolvemento. Forxar a identidade colectiva. Voltear a base da pirámide. 

Terceiro:

Recuperar:

*Identidade Colectiva. Confederación de Aldeas Globais

Que cada cultura sexa propia. Que cada língua sexa patrimonio inmaterial colectivo. Que o ben común sexa de todas, de todos e de ninguén. Que todas as cores do arco da vella inunde nosos corazóns de respecto ante a diversidade. Que o progreso sexa a construcción de comunidade. Deter a hemorraxia. Repoboamento. Encher as aldeas, para facer pobo dende o local ao universal.

Cuarto:

Reinvindicar

*Respecto a Diversidade como Riqueza Colectiva

Que a biodiversidade. Que o feminismo.  sexa nosa bandeira ecolóxica, cultural e social que nos guíe cara a liberdade plena nunha república de mulleres e homes, de todos os xéneros, de todas as etnias, de todas as razas, de todas as sensibilidades, libres e iguais. 

Quinto.

Reiniciar

*Resetear o sistema. Por unha Democracia Horizontal.

Que a esperanza sexa quen nos abrace. Que o amor sexa o horizonte polo que camiñar. Que o sol o vento e a chuvia caia sobre nós limpando as sombras inquisidoras e colonizadoras. Que ninguén sexa esquecido pola codicia do ouro. Que a vida sexa digna independente e plena.

Que a vida sexa vida. 

Democracia. Xustiza. Feminismo. Língua. Cultura. Ecoloxismo. Rebeldía. Comunidade. Pan. Pobo. Corazón. Amor. Esquerda.

En Monte Cambeiro. Día Mundial Medio Ambiente 

Primavera de 2021. Boca de Sapo.  

Novas relacionadas

Boca de Sapo lanza a “Declaración Monte Cambeiro” pola Día do Medio Ambiente