Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O Monte Cambeiro abre o verán homenaxeando ás Irmás da Floresta

Benzedeira Movimento de Sabiduria Irmas da Floresta Monte Cambeiro
O Monte Cambeiro abre o verán homenaxeando ás Irmás da Floresta

Este sábado 6 de xullo, ás 18:00h, o experimental Monte Cambeiro de Amarelle, abren o verán cunha homenaxe ás prantas e as mulleres que saben de ritos e tradicións. Coa intención de prender unha pequena chama de luz e unha chamada contra o esquecemento destas prácticas e saberes principalmente femininos, están intentando convocar mulleres benzedeiras do Movimento de Aprendices de Sabiduria do sur de Paraná en Brasil. Un movemento constituido no 2007 por mulleres que practican o oficio do benzemento. As benzedeiras son en Brasil as portadoras actuais dun modo popular de cura elaborado históricamente, e que foi repasándose, adaptándose e reformulándose de xeración en xeración. Estímase que existen hoxe no estado do Paraná, aproximadamente 17.000 praticantes da arte de curar e ensinar remedios caseiros.

”Irmãs de floresta” é pois unha acción adicada as prantas, ás mulleres e a sabiduría que hai nelas. Acompañarán na sesión o investigador e divulgador sobre prantas silvestres César Lema, que guiará polo Monte corcubionés coñecendo as súas prantas e posibles usos tradicionais. Logo realizarase unha conexión coa antropóloga Taisa Lewitski e coa benzedeira Agda Cavalheiro de Andrade ambas desde o Movimento de Aprendices de Sabiduria do sur de Paraná para coñecer o percorrido desta comunidade desde a súa constitución e compartir algunhas das prantas e rituais que poñen elas en práctica.

Máis novas

Comentarios