Venres. 19.04.2024
El tiempo

Drok presentou a súa candidatura para a alcaldía de Corcubión

PRESENTACIÓN_CANDIDATO_BNG_CORCUBIÓN_drok-ana ponton
Drok presentou a súa candidatura para a alcaldía de Corcubión

Esta mañá de vernes, o Cárcere Vello acolleu a a presentación do candidato do BNG á alcaldía de Corcubión nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio de 2023. Pouca presentación necesita unha das almas da vila de San Marcos, xa con moitos anos de experiencia tamén en política como concelleiro de Festas.

A voceira nacional do BNG Ana Pontón arropou ao candidato, de quen sinalou que “será un gran un gran alcalde porque coñece moi ben este concello, preocúpase pola súa veciñanza e ten a capacidade e as ganas para facer que Corcubión recupere o impulso e a ilusión”. Quixo poñer en valor ademais o traballo do BNG nos anos de goberno: “todos os avances de Corcubión foron grazas ao BNG, que volverá facer avanzar este concello con Francisco Domínguez, Drok, como alcalde”.

PRESENTACIÓN_CANDIDATO_BNG_CORCUBIÓN_Drok

Coa lista aínda pendente de posibles modificacións, Drok superou os nervios do primeiro día e tomou o protagonismo demostrando a aposta por este paso adiante no seu periplo político. Deixou claro potencial que ten un concello como Corcubión, a pesar de ser “un concello estancado no tempo, que non avanza, que leva vinte anos perdendo poboación, perdendo oportunidades e xa é hora de que Corcubión deixe de perder para empezar a ganar un futuro mellor”, como proclamou a líder do Bloque, quen tivo palabras de recoñecemento e cariño para Rafael Mouzo, histórico alcalde desta vila durante dúas décadas.

Entre as propostas destacadas para o programa volve estar a humanizanización da Praza de Castelao, ou a apertura de portas do Concello.

Máis novas do BNG

Comentarios