Luns. 14.10.2024
El tiempo

En Marea chega, por fin, ata a Costa da Morte

En Marea chega, por fin, ata a Costa da Morte
En Marea en Vimianzo En Marea en Vimianzo

Non era sen tempo. Á segunda campaña, a coalición de esquerdas En Marea achegouse pola Costa da Morte. Fíxoo nun acto no Salón Caribe de Vimianzo celebrado o pasado mércores coa presencia de Antón Gómez-Reino, cabeza de lista pola Coruña, Yolanda Díaz (nº2), María José Bóveda (nº6), José García, Candidato ao Senado pola Coruña, e Antón Sánchez, coordinador de Anova e voceiro de AGE no Parlamento Galego.

Ese grupo no que parece confluir boa parte da esquerda galega nestes últimos tempos, e que provocou notorias saídas do BNG e de Compromiso por Galicia, así como un profundo debate interno no mesmo PSdG.

Anton SanchezYolanda Diaz Gomez Reino en Vimianzo Anton Sanchez, Yolanda Díaz e Gómez Reino en Vimianzo

Foi un acto de cercanía á veciñanza e precisamente os veciños irmandiños foron os que levaron o peso da "conversa". A xente demandou "confianza", como dixo a nova Cristal, que recoñecía que ía ser a primeira vez que ía votar e que "non quero que me defraudedes". Nesa liña, a "rendición de contas" é algo que parece asumido pola formación.

Antes da reunión, a comitiva de En Marea falou co alcalde Manuel Antelo, recén saído do BNG e con gañas de confluir nas Mareas, analizando as problemáticas máis graves da bisbarra, que pasan pola situación de desemprego e a emigración, como analizaron a través do informe Económico-Financeiro que José Luís Louzán publicou en QPC. "Pan, traballo e teito, coma nos tempos irmandiños, son as demandas actuais", recoñeceron.

Falouse do tema das foxas comúns e de aí, a raíz do alcalde Pepe Miñóns, saiu o tema do tema do tren das 3C: Coruña-Carballo-Corcubión. Unha demanda histórica, esquecida polas administracións, pero trala aprobación na Deputación e no Pleno da Coruña para recuperar o transporte sostible ata a Costa da Morte podería volver a ser unha realidade.

Tamén saíu a escena a figura de Alberto Lema, vimiancés como membro do goberno da Marea Atlántica da Coruña, un dos referentes dos "gobernos de cambio" que "puxeron as políticas a disposición da xente".

En Marea estivo en Vimianzo

2ª cita, en Carballo

En Marea en Carballo

E parece que queren reafirmar os bos resultados que colleitou a formación na Costa da Morte en decembro a pesar da falta de atención. Así, este venres, a partir das 20:00 terá lugar un acto electoral de EnMarea no Pazo da Cultura de Carballo, cos mesmos nomes que estiveron en Vimianzo, acompañados por Loreto Taibo nº8 da lista pola Coruña da candidatura de En Marea e responsábel local da Agrupación Local de Esquerda Unida en Cambre; e Carmen Santos: Secretaria Xeral de Podemos Galicia. Todo nun acto presentado por Eduardo García, membro de En Marea Bergantiños, que concorre como 1º suplente na lista pola Coruña da candidatura de En Marea.

 

Novas relacionadas

Máis novas

Máis novas electorais

O Mirante: A previa das Eleccións Xerais 2015

Fonte

Comentarios