Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Entroido de Corcubión une lazos coa hostalería

Entroido Corcubion 2024
O Entroido de Corcubión une lazos coa hostalería

Despois dunha lixeira polémica no pasado pleno, pola eliminación dos premios económicos do Concurso de comparsas de Entroido, o Concello de Corcubión vén de enviar o programa completo para estas singulares e divertidas festas. O grupo de goberno quere aproveitar estas festas para marcar a súa liña, a súa política arredor desta clase de festas, e a súa “redifinición dos orzamentos tentando equilibrar os moi axustados recursos públicos co deseño de novas atitudes”.

O programa arrincará o xoves 8, ás 19h. na Biblioteca da Casa da Cultura, coa presentación do libro “Esperta do teu sono” de Lola Rontano, unha novela arredor da loita social contra a mina de ouro de Corcoesto.

Os protagonistas do venres 9 serán os rapaces e rapazas do CEIP Praia de Quenxe e a Escola Infantil. Ás 10h, haberá, Lectura de poemas na Casa da Cultura, e ás 11,15h, desfile polas rúas de Corcubión.
Unha das citas máis destacadas será ese mesmo venres coa Ruta de bares musicada coas Delicias Entroidais. De 2 a 15h e de 20h a 24h, cada bar elaborará unha serie de pinchos de delicia entroidal. Ademais entre as 20,30 e as 22h o grupo de música Dúin e Mestura Fol rondará os bares para musicar a tarde noite: Cafe Bar Suiza, Bar Tío Moncho, Taberna O Ribeiro, Café Bar Alborada, Mar Viva II, Restaurante Bar Carrumeiro, Restaurante San Martín.

A banda que amenizará a tarde será o grupo Dúin: Dùin provén do nome empregado na língua gaélica para referirse aos nosos castros e da nome ao grupo de Folk da Costa da Morte que, emerxendo da música tradicional galega, fai un percorrido por terras indoeuropeas e mares irlandeses. Esteban (violín e Traveseira) Mateo (guitarra, Banjo), Josinho (baixos), Néstor (gaita whistle), Luis (Mandolina), Jose (Acordeón).

O sábado 10 será a Grande Festa Entroidal, con comezo do desfile ás 17,30h no Campo do Rollo. Ruta pola vila acompañadas polo grupo Mestura Fol (grupo costeiro formado por Néstor (gaita/percusión), Esteban (Traveseira), Alex (Acordeón/Gaita) e José (Acordeón). Ao remate haberá a actuación das comparsas, antes de que ás 19:00h se realice a dubida do Meco e pregón do Alcalde no balcón do Concello, aderezada dunha Filloada de pedra e chocolatada popular e barra de Barl na Praza do Concello.
Ás 20.30h haberá a actuación do grupo Os Bregadiers.

E para o domingo, haber-a quedada de entruido ás 20:00h no Kiosko da praza, tentando rescatar algunhas tradicións, como ir polas casas con Adriana Balufo e Inés López Rivas.

O Entroido rematará o mércores 14 co E nterro da Sardiña, ás 18,30 Praza do Concello, da man da Comunidade ecosocial Boca de Sapo e o Concello.

Comentarios