Venres. 11.10.2024
El tiempo

Executan obras para mellorar a seguridade do Camiño entre Corcubión e Fisterra

Obras no Camino de Corcubion
O alcalde Lalo Insua e o delegado da Xunta Gonzalo Trenor escoitando as explicacións d@s técnic@s
Executan obras para mellorar a seguridade do Camiño entre Corcubión e Fisterra

A Xunta vai desenvolver, en pleno verán xacobeo, obras en 11 tramos do Camiño ao seu paso polos Concellos de Muxía, Dumbría, Mazaricos, Negreira, Ames, Fisterra, Cee e Corcubión. Así o explicou na súa visita ás obras de reforzo do treito entre Corcubión e Fisterra, para as que se destinan un total de 18.600 euros. Estas obras consistirán na mellora do paso e da sinalización da AC-445 no punto quilométrico 3+380, a altura de San Roque, para mellorar a seguridade neste cruce de paso de peregrinos.

Para iso executarase unha pequena senda duns 50 metros de solo cemento, con gabia revista de formigón pola marxe esquerda da estrada, sinalizando o cruzamento da vía ao remate da senda, incluíndo dúas bandas transversais de alerta.

Comentarios