Fernando Castro Paredes estrea o seu novo libro en Corcubión
- O seu grupo de teatro Farándula Velutina tamén está de noraboa

07:42 21/06/23
Este vindeiro xoves 22 de xuño ás 20 horas na Capela do Pilar presentación do libro "Miss Antropia" de Fernando Castro Paredes, escritor e profesor no instituto Fernando Blanco, ademais de membro destacado do grupo de teatro local "farándula velutina" onde ademais de actuar, fai as funcións de dirección e guionista. Por esta última faceta recibiu diversos galardóns.
Premio teatral
O propio Fernado estará contendo polo 6º premio á mellor obra na categoría xuvenil que vén de recibir o grupo Farándula Velutina e pola nominación de Elisa Lema Gómez á mellor actriz, no marco do Certame Escolar e Afeccionado da Cultura da Deputación da Coruña.
