A “fraxilidade xeral de apoios” obriga a suspender os Encontros de Filosofía para Veraneantes
Desde a Asociación Universidade Cromática das Virtudes queren facer este pequeno comunicado sobre os Encontros de Filosofía para Veraneantes, actividade que desenvolven regularmente no verán. Uns encontros que xa eran toda unha referencia a nivel comarcal, con ponencias de gran nivel que situaban a Capela do Pilar de Corcubión nun verdadeiro epicentro de reflexión
Comunicado da Asociación Universidade Cromática das Virtudes
A Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes, entidade organizadora dos Encontros de Filosofía para Veraneantes, que se desenvolven anualmente en Corcubión desde hai sete anos, quere informar que este verán non celebraremos a VIII edición destas xornadas. A fraxilidade xeral de apoios para a organización destas actividades sumada ao impasse que abren os ciclos electorais e de conformación de gobernos levounos a optar pola prudencia e pospoñer a VIII edición dos encontros para o verán próximo.
Así mesmo tomaremos esta pausa para revisar a nosa traxectoria e repensar novos retos futuros. A todo o público que vén amosando de algunha forma o seu apoio con esta actividade, pedímoslles desculpas. E aproveitamos para pedirlles tamén que permanezan atent@s porque esperamos poder convocalos a unha pequena reunión festiva onde trocar ideas, críticas, suxestións ou simplemente ... para vérmonos en Corcubión!
Crónicas dos encontros
- Agosto 22: Éxito total do VII Encontro de Filosofía para Veraneantes de Corcubión.
- Agosto 19: Miguel Vázquez Freire e María Bella reflexionan sobre como “achegar a filosofía á xente”.
- 2018: Corcubión, ou a illa paradisiaca de veraneo onde desconectar sumerxíndose na arte de pensar.
- 2018: Corcubión enche a Capela do Pilar de reflexións.