Venres. 19.04.2024
El tiempo

Éxito total do VII Encontro de Filosofía para Veraneantes de Corcubión

Filosofia para veraneantes Corcubion-inauguración copia
IMaxe da inauguración dos Encontros
Éxito total do VII Encontro de Filosofía para Veraneantes de Corcubión

O VI encontro de Filosofía para veraneantes foi celebrado  do 9 ao 13 de agosto en Corcubión, gozando  dun gran éxito, tanto pola calidade dos participantes canto pola temática abordada.

Esta edición foi titulada coa suxetiva interrogante: “ Ilusionismos tecnolóxicos? Propostas para viaxar entre a biosfera e a tecnoesfera.” O encontro como cada ano, xorde da liña de traballo filosófica levada a cabo pola Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes, tendo como obxectivo incorporar a pegada e reflexión filosófica á propia vida.

Os organizadores, María Bella e Miguel Vázquez, co seu magnífico traballo previo de escolla de relatores, coa limitación de  tempo para as exposicións,  co feito de  dar voz  ao público, público que preguntaba, debatía, aportaba ideas, experiencias, preocupacións, esperanzas…etc. lograron  propiciar a reflexión, e converteron en  realidade a suposta “ilusión” de que todos somos filósofos. Durante uns días a fermosa Capela do Pilar foi un ágora na que filosofar, informarse, desbotar prexuízos e construir pensamento en comunidade, tornáronse  realidade, fronte aos ilusionismo tecnolóxicos nos que vivimos mergullados.

A temática abordada, a interpelación acerca dos ilusionismos  tecnolóxicos, acerca do que nos fai humanos, do suposto desenvolvemento da nosa especie, de cuestionar cara onde imos, foi un labor de “desvelamento”, levantar o velo que agocha a verdade, que é por antonomasia o labor da filosofía, e neste espazo, os relatores e unha trintena de participantes por uns días escoitamos e fomos escoitados, nunha comunidade dialóxica, cuxo fin era albiscar iso que damos en chamar natureza, terra, humanidade, ética, política, medio ambiente, esperanza, desexo…

O encontro construiuse en cada xornada con dous relatores, un desde o campo da filosofía académica e outro desde outra disciplina, isto foi moi ben recibido polos asistentes, xa que en ocasións era necesario un certo alixeramento da intervención dos profesionais da filosofía.

Aquí unha síntese das ideas que foron recollidas polo público,  dalgunhas das conferencias, reflexións e pensamentos que incitan, que suscitan cuestións e ganas de seguer afondando e profundizando neste apaixonante tema; así do relatorio de Delmiro Rocha (doutor en filosofía) cabería destacar a súa proposta da  necesidade de que as tecnoloxías, os seus usos  e as súas consecuencias sexan pensadas desde unha crítica filosófica para que non deveñan en ideoloxías hexemónicas;  a xornalista María Yáñez amosou a manipulación a qué estamos sometidos polas empresan que controlan as plataformas e cal sería a actitude a tomar ante isto; O doutor en filosofía, Manuel Cebral, por videoconferencia e desde México reflexionou sobre a intelixencia artitifial e a necesidade dunha alianza coa filosofía; o neurocientífico Germán Sierra fixo un desenvolvemento maxistral da transformación do humano, falando do cambio total de paradigma que estamos a vivir; Joám Evans, profesor de Paz e Conflitos, falou do gran problema da enerxía e como as chamadas verdes, tamén acaban cos recursos do planeta, xa que se basean no extractivismo intensivo de minerais; o artista  Xoán-Xil López, falou de paisaxes sonoras, e da necesidade da intersecionalidade entre a investigación artística e científica; A doutora en Filosofía Saleta  de Salvador, falou da risa e do sentido do humor, sendo isto o que forma parte da nosa humanidade e ao que nunca poderán chegar as máquinas; María do Cebreiro falou da maternidade e como esta deu un xiro discursivo, tornándose hipernormativizada a partir da proposta da produtividade neoliberal; O doutor en Filosofía Jorge Álvarez Yágüez falou de transhumanismos e dos dilemoas éticos e políticos que esta corrente filosófica aborda; A bióloga Carmela García explicou que xa estamos no Antropoceno e os retos que isto supón…

Tras as ponencias, un espazo de debate, de reflexión, todos e todas os que disfrutamos e tivemos o privilexio de asistir a estas xornadas, saímos co desexo de segir aprendendo, reflexionando, pensando, creando e coa convicción d que isto tiña que ser feito en cmunidade, colectivamente, porque somos membros dunha especie, e habitamos nun planeta que non ten recambio.

  • Almudena García Castrillo. Catedrática de Filosofía no I.E.L. Giner de los Ríos de Lisboa.
 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios