O grupo de goberno de Corcubión trasládalle áo Vicepresidente da Deputación as necesidades da vila

O Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, desprazouse esta mañá ata Corcubión para manter unha reunión co alcalde, Xabier Dominguez, para analizar diversas cuestións relativas a obras e servizos municipais.
Na xuntanza, na que tamén participaron os concelleiros María Bella, Xosé Lado e Francisco Santiago, abordáronse cuestións relativas á promoción económica, turismo e o avance das obras do Plan único.
Neste primeiro encontro tamén se trasladou a importancia que teñen para concellos como o de Corcubión as diferentes liñas de axudas e o asesoramento que se fai desde a Deputación, que é esencial para as administracións locais.
Aproveitaron o encontro para tratar cuestións relativas a contratacións de persoal, situacións de determinados servizos e algunhas das necesidades do Concello, que serán obxecto de análise por parte da institución provincial.