Luns. 29.04.2024
El tiempo

O herculino Ricardo Seixo trae os seus libros de poemas e tradición a Corcubión

Ricardo_Seixo_Fernandez_AELG
Foto: AELG
O herculino Ricardo Seixo trae os seus libros de poemas e tradición a Corcubión

Nova actividade mensual na Biblioteca de Corcubión. Ademais do grupo de lectura aberto dinamizado pola súa bibliotecaria Isabel Soneira, o Concello trata, con estas presentacións de libros períodicas, entrelazar e reforzar sinerxias entre o que se lee no grupo, os libros que se presentan e as distintas temáticas afins as liñas de traballo da concellería.

Neste marco, hoxe venres 29 ás 18,30h na Biblioteca Municipal temos unha presentación moi especial da man de Ricardo Seixo, poeta e mestre vinculado á música tradicional e ao activismo desde a Asociación coruñesa Agra do Orzán. Introducido por Rafael Mouzo, Ricardo falará dos seus últimos dous libros Pousos de natureza, 2022 e Outra volta de rodicio, 2023; ambos elaborados co obxectivo de conseguir dignificar a nosa lingua e a nosa cultura. Na presentación haberá por suposto tempo para recitar poemas, lectura que compartirá con algúns dos seus compañeiros cercanos. Rematarán esta cita con música e cantos tradicionais protagonizados polo grupo “Maraxe” do que Ricardo forma parte.

cartaz ricardo-seixo

Comentarios