Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Marcos Rodríguez Pantoja, o home Entre Lobos, estará nas Xornadas Nacionais do Lobo de Santa Comba

Marcos Rodríguez Pantoja, o home Entre Lobos, estará nas Xornadas Nacionais do Lobo de Santa Comba
Marcos Rodriguez Pantoja o hom Entre Lobos Marcos Rodríguez Pantoja o home Entre Lobos, en Santa Comba Sorprendentes as actividades que está artellando o Concello de Santa Comba. A última que vén de anunciar é a Xornadas Nacionais do Lobo, nas que pretende atraer todos os puntos de vista sobre a eterna problemática co animal salvaxe máis simbólico de Galicia. Gandeiros, biólogos, veterinarios e mesmo amantes desta especie (como o corcubionés Francisco Lema Fuentes co seu documental), terán o seu protagonismo, nunha cita na que ata se intentará ofrecer a visión do lobo como produto turístico, como acontence noutras partes da península. Pero de entre todas as citas sobresae a presencia de, Marcos Rodríguez Pantoja "el lobo solitario de Sierra Morena”. A vida de Marcos é de conto, algo impensable no século XX. Un neno abandonado en Sierra Morena, que medrou 12 anos criado no seo dunha manda de lobos, sen ningún contacto coa humanidade, en plena España dos anos 60, ata que o descubriu a Garda Civil.
Marcos Rodriguez Pantoja o home Entre Lobos cos canidos Marcos Rodriguez Pantoja o home Entre Lobos ten unha afinidade especial cos cánidos A súa vida foi contada na película “Entre Lobos”, que tamén se proxectará nas xornadas, antes de que el mesmo comente infindade de anécdotas sobre a súa vida. Precisamente contaba algunhas delas estes días na súa visita á capital xalleira. Lembran os que o acompañaron na presentación das xornadas unha na que na previa da rodaxe da película, para a que levaban un ano criando en cautividade. Os coidadores aínda tiñan problemas para levarse cos cachorros, e Marcos, sen pensalo un segundo, meteuse dentro e comezou a abrazalos e bicalos coma se fosen amigos de sempre. “É o instinto”, comentaba entre risas. Este é o trailer do filme:
 

Xornadas Nacionais do Lobo en Santa Comba

Celebraranse o 18 e 19 de marzo de 2016 no Edificio Multiusos. Este é o programa: Venres 18 de marzo:
  • Proxeción da película “Entre Lobos”: Basada na vida de Marcos Rodriguez Pantoja criado durante 12 anos por una manada de lobos sin contacto coa humanidade e que estará presente na proxeción da película e comentará aspectos da súa vida.
Sábado 19 de marzo: Aínda por determinar que ponentes estarán pero de seguro será un biólogo, un veterinario, un famoso cabreiro do caurel deseñador e inventor de sistemas para a disuasión do lobo, e dous exemplos de aproveitamento turístico dunpatrimonio natural como o lobo, que en Sierra Culebra é todo un motor económico. Estará o veterinario e estudioso dos movementos de lobos na Costa da Morte, Francisco Lema Chisco co seu documental “A Costa da Morte. O gran carnívoro sobrevivinte”. Pola tarde será o tempo para Marcos García Pantoja. Marcos Rodriguez Pantoja co alcalde de Santa Comba Marcos Rodriguez Pantoja co alcalde de Santa Comba

Novas relacionadas

Máis vídeos naturais

Fonte

Comentarios