martes. 01.07.2025
El tiempo

Corcubión celebra o esplendor das cantareiras

Foliada da Universidade Popular de Corcubion 4
Imaxe da última foliada da Universidade Popular
Corcubión celebra o esplendor das cantareiras

O próximo xoves 15 o Concello de Corcubión abre o seu programa das Letras cunha Foliada na Biblioteca, adicada ás Cantareiras e dándolle visibilidade a todas as mulleres que recolleron, cantaron, tocaron e
transmitiron as cantigas de xeración en xeración.

Así, serán As Rinchonas de Corcubión as que impartan un Obradoiro de música tradicional a partir de 3 anos de idade, e ata as máis maiores.
O venres, 16 na Casa de Cultura, doble cita con “Cantando con Pinocho” ás 17:30h para as/os máis pequeñas/os; e, ás 19:30h presentamos o libro de maio, tamén na Biblioteca, “Maxicamente vella, enternamente nova coa presenza do autor Carlos Callón”.

Xa o Día Grande das Letras Galegas terán unha actuación ao longo da tarde dende ás 17:30h presentando “Rosalía Cantareira” de Jara Ortiz, 18:30h función de Baile Xaldón e para rematar ás 19h, as pandereteiras e gaiteiros da Universidade Popular conclúan con música ao vivo.

Comentarios