Mariscadores da ría de Corcubión denuncian a presenza de furtivos na zona do Cabo C

Imaxe da embarcación na zona da ría

Este pasado sábado, o forte vento reinaba na zona do Faro C. O mar estaba bastante picado, pero non impedía que unha embarcación estivese achegándose ás pedras. De contado, unha serie de coches se achegaban pola zona do Cubaleiro para ollar á embarcación. Eran mariscadores de Corcubión, Sardiñeiro, Fisterra… que alertaban da presenza de furtivos nas súas pedras.

Explican os profesionais que o Plan do Ourizo, malia que ía abrir a comezos de outubro, aínda mantén pechadas moitas zonas da ría para repoboar. Zonas onde “están indo furtivear e jodernos o recurso que temos”, explican. “Xa son varios dias pero hoxe démoslle seguemiento a unha delas que nos anda a roubar o ourizo na zona do Faro C, entre outras zonas”.

Aseguran ter chamado aos servizo de Gardacostas da Xunta e ao Seprona pero ningunha das dúas forzas presentouse no lugar.

Afirman que a mesma situación tense dado outros anos en zonas da Amarela, Sardiñeiro ou mesmo as Lobeiras. Levan anos facendo sacrificios en forma de baiar os topos (de 100 a 40kg) para mellorar as poboacións pero o furtivismo acaba con esas iniciativas e co seu sustento.

Os profesionais aseguran que van estar vixiando 24 horas ao día, avisando ás forzas de seguridade.

Novas sobre furtivismo