Venres. 19.04.2024
El tiempo

Incautan 18,5 kg de centolla ovada e 62,5 kg de longueirón sen documentación en Malpica

centola furtiva en Malpica
Incautan 18,5 kg de centolla ovada e 62,5 kg de longueirón sen documentación en Malpica

Importante operación contra o furtivismo a protagonizada esta semana polo Servizo Marítimo da Garda Civil dA Coruña, que incautou 18,5 quilogramos de centolla ovada e 62,5 quilogramos de longueirón carente da documentación que amparase a súa trazabilidade.

O operativo realizouse durante un control de pesca na estrada DP 4305, comprobando que a carga que transportaba un vehículo contiña un capacho de plástico coa centola, especie vedada actualmente, comprobando que todos os exemplares atopábanse ovados, así como dous capachos e unha bolsa de plástico que contiñan longueirón sen documentación.

A Garda Civil cominou ao condutor a desprazar o vehículo ás instalacións da Lonxa de Malpica de Bergantiños para proceder á pesada das capturas; incautando as especes e poñendo as correspondentes actas de denuncia.

Tras comprobar que non había mortaldade entre os espécimes achados, procedeuse a sementar as centolas nas proximidades do Porto de Malpica de Bergantiños e dos longueirones no banco marisqueiro Corme- Laxe, lugar do que foran extraídos.

Comentarios