Denuncian a presenza, con ameazas, de furtivos nos contaminados bancos marisqueiros da ría de Corcubión
Denuncia hoxe a Cofradía de pescadores Virxe do Carmen” de Corcubión a presenza de varios furtivos nos bancos de marisqueo a pé do ámbito territorial da Cofradía de Corcubión: a Praia de Corcubión e a Praia da Concha de Cee.
Máis é a cousa pois, como comprobamos esta semana coas continuas verteduras, estas praias están clasificadas a nivel microbiológico como zonas C, é dicir, a presenza de contaminantes fecais nas augas é tan elevadas que non se permite a súa venda sen previa depuración/reinstalación en zonas aptas e libres de contaminantes.
Por iso, a Confraría, ademais de chamar a atención dos furtivos, advirte “aos establecementos que lle compran este marisco, berberecho e ameixas, están atentando contra a saúde pública, podendo provocar un gran dano no organismo humano”.
O patrón maior Urbano Suárez Canosa, tamén que dous dos furtivos tiveron un comportamento agresivo, con “constantes ameazas verbais e provocando danos materiais aos vehículos de varios mariscadores da Cofradía”. Asegura que este venres 26 de xuño chegaron a ameazar a unha das nosas mariscadoras no seu propio fogar e ocasionándolle danos materiais na súa propiedade, rompéndolle o cristal da porta e apedreándolle o coche.
”Esta situación xera un sentimento de impotencia, posto que foron xa varias as denuncias presentadas pola presenza continuada de furtivos nos nosos bancos marisqueros e podendo resolverse segundo a canle normal, chegamos a esta infame situación”, lamenta Suárez Canosa.
Por iso tamén queren facer un chamamento a todas as unidades de vixilancia, tanto gardacostas, como a unidade de SEPRONA coma a Garda Civil, para que “teñan constancia destes feitos e eviten que estes moluscos bivalvos entren na rede de comercialización ilegal e que se evite a repetición destes lamentables feitos que atentan contra a integridade física das persoas.