Incautan a uns furtivos en Camariñas unha embarcación, 3 equipos de mergullo e 67 kg de percebe

Nova operación contra o furtivismo realizada polo Servizo Marítimo da Garda Civil dA Coruña onte en Camariñas.
A unidade detectaba unha embarcación arribar na Praia de Lago onde desembarcaban e ocultaban as capturas. Dous dos tripulantes posteriormente, baixaban no Faro da Villueira, onde descargan nunha furgoneta os equipos de mergullo e os útiles usados nas capturas do percebe.
Os axentes paraban a expedición, recuperaban os sacos que contiñan 67 quilos de percebes, e identificaban tres equipos de mergullo. Procedían ademais a á aprehensión da embarcación utilizada.
A Garda Civil confeccionou as pertinentes denuncias por suposta infracción á Lei de Pesca de Galicia, os efectos intervidos foron entregados ao Servizo de Garda Costas de Galicia e os 67 kg de percebe foron entregados no Centro benéfico Rial Altas dA Coruña.
Novas sobre furtivismo
- Xullo 22: Incautan 18,5 kg de centolla ovada e 62,5 kg de longueirón sen documentación en Malpica.
- Xullo 22: Os percebeiros de Muxía cazan un grupo de furtivos esquilmando 36 kilos de percebes nas rochas da Barca.
- Xuño 22: Devoltos ao mar 27kg de ameixa extraídos por dous furtivos nunha praia de Fisterra.
- Maio 22: Denuncian a presenza, con ameazas, de furtivos nos contaminados bancos marisqueiros da ría de Corcubión.