Venres. 29.03.2024
El tiempo

Devoltos ao mar 27kg de ameixa extraídos por dous furtivos nunha praia de Fisterra

mergullador ilegal en Fistera-Furtivo
Un dos equipos de mergullo retirados pola Garda Civil
Devoltos ao mar 27kg de ameixa extraídos por dous furtivos nunha praia de Fisterra

A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza de Corcubión vén de decomisar 54 Kg de ameixas extraídas ilegalmente en Fisterra.

Os axentes, que realizaban servizo de prevención do furtivismo na zona a primeira hora da madrugada, observaron a un home saír da auga dun areal fisterrán cun equipo autónomo de mergullo, e portando unha malla con ameixas. Procederon a interceptalo, retirarlle o equipo de mergullo e puideron retornar as ameixas a zona de extracción.

Pero é que media hora máis tarde, saía outro mergullador da zona co mesmo equipo. O Seprona incautáballe o equipo de mergullo e devolvía os bivalvos ao areal.

Este servizo está relacionado con outros realizados na misma zona o pasado mes de maio onde a outros furtivos se le aprehendieron a un 11 Kg e a outro 16Kg de ameixa. En total son 54 os quilos que ían ser introducidos no mercado sen contar coas condicións sanitarias exixibles pola lexislación vixente.

Comentarios