Os percebeiros de Muxía cazan un grupo de furtivos esquilmando 36 kilos de percebes nas rochas da Barca
Continúa o furtivismo sendo unha das grandes problemáticas para o sector marisqueiro da Costa da Morte. Comprobámolo continuamente, coas operacións da Garda Civil, ou coas propias denuncias interpostas polas Agrupacións de Percebeiros de Corme, Malpica ou Muxía.
A falta de vixilancia é un mal endémico na comarca, o que fai imposible unha loita real contra o furtivismo.
Precisamente esta semana, os mesmos días quepresentan a súa campaña de posta en valor do seu prezado produto, os percebeiros de Muxía teñen que volver a lamentar un episodio incómodo. Xa levaban uns días escoitándose un ruxeruxe polos bares da vila, e a pasada madrugada do mércores ao xoves acontecía.
Unha chamada doutra confraría alertaba da situación, as 3:30h da madrugada, á Agrupación. Un grupo de furtivos (aseguran que son rapaces de 25-30 anos da contorna) estaba esquilmando as rochas da Barca (reservadas sempre para o nadal), con focos e todo, escoltados por un vehículo cunha parella no interior. Media ducia de percebeiros, algúns dos comprometidosos que espertaban e saían cara a zona. Aló estaban, un grupo de furtivos nas rochas,
En canto viron chegar aos percebeiros arrincaron “por patas”, pero é que ademais, nada podían facer para retelos, xa que as vacacións e baixas provocan que a Garda Civil estea a mínimos estes días e só podían enviar unha patrulla dende Ortigueira.
Ao final, tras unha longa busca de dúas horas polas pedras atoparon máis de 35 kilos de percebes. Había de varios tamaños, pero máis de 15 kilos poderían ter costado máis de 50 euros/kilo na lonxa.
Finalmente, a Agrupación doounos a Aspadex.
Estatutos da Agrupación
A realidade é que a propia Agrupación tamén está algo dividida. A falta duns estatutos máis reais, provoca que sexan só uns poucos os comprometidos que meten a cara para inetntar evitar estes episodios.
Mesa negociacion
Dende a Agrupación, son conscientes de que é un problema común na comarca e en boa parte do litoral galego. Por iso píndelle á Xunta unha mesa de negociación con todos os axentes implicados: Xunta, Portos, Confrarías, Agrupacións, Concellos, Garda Civil, Policía Local… Entenden que sería o único xeito de atopar unha solución real e efectiva para esta enorme eiva.
Novas relacionadas
- O Tesouro Atlántico do #PercebeDaBarca xa ten un envase á súa altura.
- Novembro 21: Cazan unha banda organizada de furtivos con 9 kg de percebe na zona do Roncudo.
- Agosto 21: A Confraría de Malpica reclama máis medios de vixilancia na tempada estival ante o aumento do furtivismo.
- Xullo 21: Requisan 134 kg de percebe en Santa Mariña, a maior incautación realizada en Galicia.
- Outubro 20: Os percebeiros de Muxía cazan un furtivo en plena faena.
- Maio 20: Os percebeiros de Muxía escoltan a súa costa contra a ameaza dos furtivos.