Martes. 15.10.2024
El tiempo

Piden sacar as concesións do Mercado Municipal de Corcubión para poder reabrilo

Mercado Municipal de Corcubion pechado
Piden sacar as concesións do Mercado Municipal de Corcubión para poder reabrilo

Aló por marzo baixada a persiana o Mercado Municipal de Corcubión. Xa non se pode mercar a froita ou o peixe recén saído da lonxa, e tampouco poden vender os seus produtos de horta os labregos da comarca que aproveitaban o mercado para sacar o excendente.

Unha situación que preocupa no seo da vila de San Marcos, sobre todo entre os máis maiores, que ve como non hai movemento para intentar reverter esta situación. Asi o entenden dende o BNG, que tratou o tema na última asemblea celebrada cos afiliados, os cales recibiron varias demandas dos veciños, que lles pedían que fixeran algo por solucionar esta cuestión, ademais de buscar un plan de dinamización para que existan máis postos no mercado, e evitar ter que desprazarse a outros municipios.

O BNG considera que “levamos dúas décadas arrastrando unhas políticas locais do Psoe que non promocionan o pequeno comercio, que se vai apagando pouco a pouco, e que observan despreocupados como van desaparecendo as tendas que lle dan vida ao pobo sen fomentar e apoiar a apertura de novos locais. Ademáis, recentemente acometéronse obras de acondicionamento no edificio, con investimentos importantes, polo que é incomprensible que se siga mantendo pechado, desactivando así as poucas actividades comerciais que existen”.

Piden pois ao Alcalde que “faga todas as xestións oportunas para abrir o mercado municipal dunha vez por todas. Gastar cartos na rehabilitación parta despois telo pechado, é un auténtico despilfarro ademais dunha irresponsabilidade.” e engadiu que “ é necesario sacar as concesións do mercado sen adxudicar para que toda a xente que teña interese poida acceder a eses postos e poñer unhas taxas económicas que incentiven aos pequenos emprendedores a vir vender a Corcubión”.

Novas relacionadas

Comentarios