martes. 07.10.2025
El tiempo

As mulleres rurais de Corcubión comparten o seus saberes nun libro/recetario

Presentacion recetario Corcubion
As mulleres rurais de Corcubión comparten o seus saberes nun libro/recetario

Con motivo Día da Muller Rural, que se celebra o 15 de outubro, o Concello de Corcubión realizará, entre outras actividades, a presentación do libro/receitario “Cociñar Xuntas: da subsistencia ao benvivir”. A cita será o sábado 11 de outubro, ás 18.00h, a Capela do Pilar de Corcubión.

O libro nace do traballo colectivo baseado nos recordos dun grupo de persoas, na maioría mulleres, pois durante moito tempo recaía nelas a responsabilidade da cociña, que compartiron, receitas familiares, moitas delas centenarias e de gran tradición, e que achegaron tamén os seus saberes culinarios adaptados aos tempos modernos para manter viva a súa esencia.

Os encontros que tiveron lugar no Albergue de San Roque, máis alá da simple recompilación de receitas, permitiron compartir vivencias arredor das comidas, dos produtos dispoñibles, de como e obtiñan e como evolucionaron os costumes alimentarios co tempo.

Comentarios