martes. 07.04.2026
El tiempo

Nace o novo Cineclub Costa da Morte Sr. Lobo

Cineclub Costa da Morte Señor Lobo logo 960
Nace o novo Cineclub Costa da Morte Sr. Lobo

"Un grupo de amigos adictos ao mundo do cinema, e con ilusión e gañas de compartir o marabilloso mundo do sétimo arte", veñen de decicir poñer en funcionamento o cineclube, Sr. Lobo. "Un proxecto sen ánimo de lucro e coa única idea de xuntar ao maior número de persoas que comparta a mesma adicción na Costa da Morte", explica Suso Bahamonde.

Este xoves 9 marzo ás 21:00 será a inauguración o Cineclub na Casa de Cultura de Corcubión, con entrada de balde. Os socios fundadores explicarán o proxecto do Cineclub, e presentarán o primeiro filme escollido, o clásico do cine "A noite dos Mortos Vivintes" de George A. Romero. A sesión rematará  cun coloquio co público sobre o filme, e anécdotas da rodaxe do filme, no que participarán todos os membros e fundadores do Cineclub.

Programa

Xa hai citas formuladas para o xoves 26 de abril, con Buster Keaton e o xoves 7 de maio con "A streetear name Desiree".

Cineclub Costa da Morte Señor Lobo

Comentarios