A nova Asociación organizadora do Mercado Medieval de Corcubión lanza dous concursos escolares

Xa está constituída a nova Asociación Cantigas de Dona Xoana, a organizadora do Mercado Medieval de Corcubión. As xentes da vila que tomaron o relevo o ano pasado despois das eleccións e salvaron, con máis que boa nota, a edición de 2023, traballan arreo para que estes 26, 27 e 28 de xullo saia todo perfecto.
Un dos seus principais obxectivos é divulgar a historia e cultura, e para iso queren saír da fin de semana de festa para artellar novas actividades.
As primeiras dous certames, aos que convidan a participar aos centros educativos da Costa da Morte:
- 𝙄 𝘾𝙚𝙧𝙩𝙖𝙢𝙚 𝙙𝙚 𝘿𝙚𝙗𝙪𝙭𝙤. 𝙀𝙨𝙗𝙤𝙯𝙤𝙨 𝙢𝙚𝙙𝙞𝙚𝙫𝙖𝙞𝙨.
- 𝙄 𝘾𝙚𝙧𝙩𝙖𝙢𝙚 𝙙𝙚 𝙋𝙤𝙚𝙨𝙞́𝙖. 𝘿𝙚𝙨𝙚𝙢𝙗𝙖𝙧𝙘𝙤 𝙙𝙖𝙨 𝙩𝙧𝙤𝙥𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙙𝙤𝙣 𝙍𝙤𝙙𝙧𝙞𝙜𝙤 𝙙𝙚 𝙇𝙪𝙣𝙖.
Podedes ver as bases nesta ligazón e os escolares teñen de prazo para entregar os seus traballos, ata o 15 de abril os debuxos e ata o 23 de abril o poemas. Os gañadores daranse a coñecer o 17 de maio, Día das Letras Galegas.