Luns. 29.04.2024
El tiempo

O pobo de Corcubión puido co arzobispo de Santiago e co tempo

Mercado Medieval de Corcubion 2023-Foto-Jorge Parri
Imaxe do Desembarco do Mercado Medieval de Corcubión.Foto-Jorge Parri
O pobo de Corcubión puido co arzobispo de Santiago e co tempo

Superou, e con nota, o pobo o desafío deste Mercado Medieval de Corcubión 2023. Unha organización in extremis que finalmente serviu para unir máis que nunca un pobo enteiro para salvar unha das festas máis queridas.

”A choiva quixo roubarnos o protagonismo, pero un pobo unido poido con ela. Non temos máis que palabras de agradecemento!”, sinala o valente grupo organizador nas redes sociais ao remate do Desembarco. Un Desembarco que recuperaba a esencia do areal do centro da vila, e que tiña que realizarse en horario diurno (ás 20:30h do venres) por mor das mareas. A néboa e o orballo intentou deslucir o evento teatral que dá un carácter especial á celebración, pero acabou permitindo ofrecer unha estampa ideal para unha batalla como a que se vivía en 1457, cando o pobo de Corcubión liderado polo heroe local Gomes de Rioboo, batía ás tropas do arzebispo Rodrigo de Luna no seu intento de invasión.
Desta volta, como nas pasadas eleccións, as tropas locais nas que participaba (como toda a vida) o actual alcalde Drok, bateron ás tropas invasoras, nas que participaba o actual líder da oposición, Pepe Louro, nunha demostración, en calquera caso, que esta é e será sempre unha festa de todo Corcubión.

Drok no Mercado Medieval de Corcubion 2023
Drok no Desembarco - Foto-J. Parri

Clave, naquela batalla, foi a implicación das xentes da vila; igual de importante o esforzo, recoñecido por eses aplausos (complicados de dar paraugas en man) por todos os que ateigaron o paseo.
Mención especial pola xente de Farándula Velutina, responsables da parte teatral da obra, das Xaviñanas, da xente da Escola Municipal de Teatro… que volveron demostrar que Corcubión non se vende.

A festa continuou durante toda a fin de semana cun tempo ideal: días de nubosidade que impediron ir á praia, con caloriño pero refrescados por un orballo ata agradable por momentos.

A completa programación e os postos de artesáns fixo que xentes de toda a provincia disfrutasen da mellor cara da vila de San Marcos.

Mercado Medieval de Corcubion dende arriba 2023

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DOS MERCADOS

Comentarios