Venres. 11.10.2024
El tiempo

A nova biografía de Plácido Castro ve a luz na Capela do Pilar de Corcubión

Libro Placido Castro
A nova biografía de Plácido Castro ve a luz na Capela do Pilar de Corcubión

Este venres 2 de decembro ás 19:30 h na Capela do Pilar de Corcubión, a Fundación Plácido do Castro, en colaboración co Concello, presentan a nova biografía deste importante persoeiro corcubionés: Plácido Castro, nós mesmos no mundo”.

Participarán os autores Susi Castro e Xulio Ríos, que estarán acompañados do teniente alcalde José Antonio Louro Pais.

A Fundación lembra con este libro os 120 anos do nacemento de Plácido Castro e tamén 25 anos da publicación dunha primeira biografía súa. “Esta é, polo mesmo, unha biografía, sobre todo, interpretativa, que foxe da mera enumeración descritiva das peripecias vitais para se comprometer coa análise do discurso, as claves do seu ideario, as múltiples facetas da súa personalidade e as accións que revelan o compromiso do noso autor”, explican os autores.

Podes tamén pedir ou teu exemplar gratuíto (gastos de envío de 5€) a [email protected]) e nesta ligazón.

Comentarios