Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un novo accidente na curva de Marcos Canosa

accidente curva Marcos Canosa Corcubion
Un novo accidente na curva de Marcos Canosa

Repítese o lugar onde o ano pasado acontecía tamén un accidente en Corcubión. A curva de Marcos Canosa xa é coñecida na vila como punto negro. Desta volta, o accidente rexistrouse nesta tarde de xoves, nun vehñiculo que levaba 5 ocupantes, sufrindo unha saída de vía e batendo coa farola que estaba recén posta.

Tiveron que acodir o 061, Bombeiros de Cee e Protección Civil, para atender a 3 dos ocupantes que sufriron traumatismos leves.

Comentarios