luns. 12.05.2025
El tiempo

Novo curso da Escola de Teatro de Zas, Corcubión e Laxe

Novo curso da Escola de Teatro de Zas, Corcubión e Laxe
Escolas de teatro zas 2013 14

Novo curso teatreiro na zona, unha das actividades máis demandadas pola veciñanza. Imos primeiro ata Zas e despois coñecemos como se presenta o novo curso en Corcubión e a de Zas.

O sábado 2 de novembro póñense en marcha as Escolas Municipais de Teatro de Zas. Un ano máis, os compañeiros de Badius Teatro os que desenvolvan as clases.

Haberá clases para persoas adultas (maiores de 18 anos) e serán os venres ás 21:00h no auditorio de Baio. E as sesións para a sección infantil (maiores de 6 anos) serán os sábados ás 12:30h no auditorio de Baio e as 16:00h no auditorio de Zas.

Aínda quedan prazas e xa poden formalizar a Inscripción no 981.751.398 polas mañás.

Novo curso en Corcubión

Esta semana o Concello de Corcubión abriu o prazo de inscripción da escola municipal de teatro de Corcubión. Os interesados poden facelo nas oficinas do Concello ou chamando por tlf. ao 981745400. De novo estará dirixida por Toño Casais de Talia Teatro con quen habera unha primeira reunión o martes 5 de novembro ás 20:00 horas na casa da cultura, para formar os diferentes grupos e horarios.

Boa acollida en Laxe

Despois de finalizados os correspondentes prazos de inscrición, durante a semana que vén darán inicio as clases da escola de música e teatro municipais de Laxe, sumando máis de 100 inscricións entre as dúas.
No caso da Escola de Música, suman un total de 55 alumnos/as de idades comprendidas entre os 5 e os 60 anos. Este curso impartiranse clases de ritmo e movemento, de linguaxe musical, vocais e de diversos instrumentros (guitarra, piano, acordeón, frauta...) durante os 5 días da semana en horario de 5 a 9 .
No caso da Escola de Teatro, as persoas inscritas, ascenden a un total de 50. O rango de idades neste caso abrangue dende os 3 anos de idade ata case os 50. Neste caso, as clases levaranse a cabo un día á semana, os venres en horario de 6 da tarde a 22:30 horas no salón de actos municipal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios