mércores. 30.04.2025
El tiempo

Un novo roubo de cable provoca un accidente en Corcubión

Roubo de cable de Cobre en Corcubion
Así quedou o cable de cobre
Un novo roubo de cable provoca un accidente en Corcubión

Volver ser o cobre o ben codiciado polos amigos do alleo. Se na noite do pasado domingo era unha tubería de gas en Carballo, onte foi un cable nun poste da luz da Amarela, en Corcubión.

Os ladróns serraron cunha radial os gordos cables, provocando ademais que un dos cables quedase medio colgado. Protección Civil e Garda Civil avisaban a telefónica para que acodise a solventalo e colocalo correctamente, pois o cable a cada hora estaba máis e máis baixo sobre a estrada, ata o punto de que un camión acabou enganchado e sufriu problemas na súa cámara frigorífica superior.

Camion de Ramos con problemas
O camión que sufríu problemas

Quedan agora Protección Civil desviando o tráfico pesado, para evitar maiores problemas, esperando que a empresa chegue canto antes, pois xa que xa case nin os autobuses pasan, de modo que como tarden moito máis avisarán aos Bombeiros para cortar o cableado. 

Proteccion Civil e Garda Civil en Corcubion recurso

Comentarios