Venres. 04.10.2024
El tiempo

O BNG celebra os seus 30 anos na Costa da Morte

O BNG celebra os seus 30 anos na Costa da Morte
O BNG celebra en Corcubión os seus 30 anos na Costa da Morte

Este venres 28 de setembro de 2012, o BNG celebra a súa chegada á bisbarra hai 30 anos. Un aniversario que chega con tintes electorais e que se celebrará na Casa da Cultura de Corcubión.

A cita chega unha vez xa se coñecen os candidatos da Costa da Morte para acompañar a Jorquera nas eleccións autonómicas do 21 de outubro. Belén Lendoiro, de Carballo (5ª nas listas pola Coruña); Modesto Fraga, voceiro fisterrán e comarcal (10ª); Xoán Manoel Sande, de A Laracha (15ª); e Xoán Xosé Blanco Riveiro de Mazaricos (19ª), serán as cabezas visibles da Costa da Morte nas listas do BNG.

Neste evento da celebración dos 30 anos de BNG na Costa da Morte, no que serán homenaxeados varios compañeiros e compañeiras da bisbarra que, ao longo destes trinta anos, intervirán a voceira parlamentaria e candidata pola provincia da Coruña, Ana Pontón, o concelleiro corcubionés Xabier Paz, que falará en representación dos/as homenaxeados/as, e o responsable portavoz comarcal da Costa da Morte, Modesto Fraga.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios