![Ana Pontón e Oscar Insua]()
Ana Pontón e Oscar Insua, foron os encargados de explicar ao medio cento de persoas que se reuniu o pasado venres 12 de novembro na casa da cultura de Corcubión, a proposta que o BNG ten para reformar o Estatuto Galego. Un estatuto baixo o cal, segundo os dirixentes do BNG, "servirá para saír antes da crise".
Os poñentes analizaron as claves do debate e o contexto de crise económica. Ademais valoraron o momento "de total ataque ao nacionalismo por parte das forzas centralistas do Estado". A deputada galega, Ana Pontón, manifestou que “o pobo galego terá futuro na medida en que tome conciencia de que somos unha nación, e por tanto de asumirmos a capacidade para decidir”. Pola súa parte, o secretario de organización comarcal do BNG, Oscar Insua recalcou que “o Estatuto de Nación que defendemos responde a un modelo de claro avance no autogoberno de Galiza, e servirá para podermos enfrontar mellor as nosas necesidades e problemas”.
Ao remate do coloquio, a pesar do mal tempo, os asistentes poideron desfrutar do magosto popular, no que houbo castañas e viño de balde para todos e todas.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG comarcal da man do responsable de comunicación, Oscar Insua.