Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Concello de Corcubión recorre os recortes da Xunta de ata o 70% en servizos sociais

O Concello de Corcubión recorre os recortes da Xunta de ata o 70% en servizos sociais

Non cesan os recortes en materia de sanidade e en educación, pero tamén en servizos sociais en todo o país. Ante o drástico recorte que a Xunta de Galicia realizou na subvención ao concello de Corcubión para o mantemento dos servizos sociais municipais, o Alcalde de Corcubión, Francisco Javier Lema Fuentes, presentou ante a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, recurso de reposición.

O recurso fundaméntase no feito de que os recortes para o Concello de Corcubión, supuxeron entre outros, unha redución dun 70% con respecto ao 2010 para o programa de axuda a domicilio, unha anulación total da axuda para o programas de envellecemento activo, totalmente consolidado e con moita demanda por parte da poboación, e unha redución das achegas para o persoal de servizos sociais, etc.

Tendo en conta que polas súas condicións socioeconómicas o Concello sempre dependeu de subvencións doutros organismos para desenvolver os programas básicos e específicos de servizos sociais, o Alcalde solicita unha nova valoración e polo tanto unha ampliación da subvención concedida.

Novas relacionadas

Comentarios