Martes. 21.05.2019
El tiempo

O documental “Noetiña” remata a súa rodaxe

O documental “Noetiña” remata a súa rodaxe
Gravando o documental Noetiña en Sardiñeiro con Pepe de Oleghario Gravando o documental Noetiña en Sardiñeiro con Manolo do Noeta Hoxe, coincidindo co día das Letras Galegas, ponse o broche final á rodaxe do documental “Noetiña – As mulleres e o mar na Costa da Morte”. Un dos proxectos premiados no I Concurso de ideas “Luisa Villalta” da Deputación. Un documental que nacía como traballo fin de grado de Terapia Ocupacional da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña. Pero que se foi das mans, e despois de poñerse a gravar en abril, rematará esta fase este xoves 17 de maio no porto de Corcubión. Un documental que pretende destapar influenzas de xénero nas ocupacións pesqueiras da Costa da Morte como estas diferenzas poden chegar a actuar como unha barreira. A historia céntrase na realidade dunha muller (Jenifer) que decide que, seguindo os pasos do seu avó e do seu pai, o seu futuro sexa a pesca, para o que terá que afrontar diversas dificultades. Equipo de gravacion de Noetina As mulleres e o mar na costa da norte no peirao de Corcubion Equipo de gravacion de Noetiña As mulleres e o mar na costa da norte no peirao de Corcubión https://quepasanacosta.gal/3-proxectos-culturais-con-semente-da-costa-da-morte-recuperan-autenticas-historias-de-igualdade/

Novas relacionadas

Comentarios