venres. 09.05.2025
El tiempo

Un X xigante para que a declaración da renda repercuta nas entidades sociais

X Solidario na praza do Concello de Carballo
X Solidario na praza do Concello de Carballo
Un X xigante para que a declaración da renda repercuta nas entidades sociais

Menudo X xigante o que se montou a pasada mañá de xoves 8 de maio na Praza do Concello de Carballo. Aproveitando o feirón dos xoves, diferentes entidades uníronse para concienciar á cidadanía da importancia de marcar o #XSolidario na declaración da renda. 

Íntegro, APEM - Asociación Pro Enfermos Mentales, Afaber Alzheimer Bergantiños, Cruz Vermella en Carballo , a XuntaLocaldaAECCdeCarballo e Concello de Carballo uniron a súa voz para informar á veciñanza dos beneficios de marcar o recadro 106 de "actividades de interese social" na súa declaración da renda.

Stand informativo X Solidario en Carballo

Houbo ademais durante a xornada na praza un posto informativo fixo, explicando á veciñanza como marcar o X, así como un divertido photocall con marcos conmemorativos elaborados polas persoas usuarias de APEM e Íntegro.

X Solidario en Carballo

Máis novas

 

Comentarios