Belén do Campo reiteroulle ao voceiro do PP de Corcubión que a Xunta non asumirá a xestión do Centro de Día

Trala rotunda resposta de onte da Conselleira Fabioa García no Parlamento, hoxe a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, non foi menos crúa en relación ao Centro de Día de Corcubión.
Do Campo recibía ao portavoz do PP de Corcubión, José Domínguez Buituron, para abordar varios asuntos, pero o tema central volveu ser a necesidade do Centro de Día para a comarca. A delegada deixou patente en que a Xunta non vai asumir a posta en marcha e o mantemento do Centro Día construido polo Concello. Lembrou que a Xunta se limita a colaborar economicamente cos municipios para mellorar a atención e os recursos ao alcance das persoas en situación de dependencia.
Volveu poñer a responsabilidade no concello e no seu alcalde, como xa se realiza con outros centros de titularidade municipal, a través de axudas aos seus usuarios. Unha clara e nova demostración da deixadez de funcións deste goberno da Xunta do PP, que ten todas as competencias en materia sanitaria e de dependencia, pero volve deixar recaer nos municipios o peso de infraestruturas como estas, imposibles de abarcar para un concello de 1.500 habitantes.
Non quedou aí a cousa, e ademais de sacar peito e sacar cifras sen marco do Plan de simplificación e axilización de dependencia e discapacidade, botou balóns de novo no goberno central e na suposta "débeda acumulada que ten o Goberno de Sánchez con Galicia".
Outros asuntos
Ademais, o representante municipal trasladoulle a necesidade de levar a cabo a mellora da seguridade viaria na estrada autonómica no lugar de Amarela, unha actuación que suporía un importante beneficio tanto para os veciños das parroquias da zona como para os peregrinos que realizan o Camiño de Fisterra.
Histórico do Centro de Día
- Maio 25: A Xunta rexeita a xestión directa do Centro de Día e insta ao Concello de Corcubión a asumila
- Maio 25: Corcubión volve unirse para esixirlle á Xunta un Centro de Día de xestión pública.
- Abril 25: Corcubión aproveita a visita da Delegada da Xunta para lembrarlle a esixencia do Centro de Día.
- Abril: Corcubión inicia unha campaña de recollida de firmas para reclamar á Xunta que abra o Centro de Día.
- Marzo 25: O Concello de Corcubión asegura que xa ten realizado os trámites que pide o Consorcio para o Centro de Día
- Marzo 25: O Centro de Día de Corcubión poderá ser unha realidade se a xestiona unha entidade social
- Febreiro 25: A Plataforma Xuntos polo Centro de Día de Corcubión comeza unha campaña para conseguir apoios institucionais.
- Novembro 2024: "Negar os centros de día é unha forma de violencia e de maltrato ás persoas dependentes”.
- Xullo 24: O Concello de Corcubión volve a denunciar a negativa da Xunta a abrir o Centro de Día.
- Outubro 23: O PP rescata a petición de Sempre Corcubión e pide convertir o edificio do Hotel El Hórreo nunha residencia de maiores.
- Novembro 21: Sempre Corcubión volve pedir a creación dunha residencia de maiores pública e comarcal.
- Abril 2021: Propoñen adquirir o Hotel El Hórreo e convertilo nunha Residencia comarcal para maiores
- Decembro 2020: O eterno retraso do Centro de Día de Corcubión volve ao Parlamento.
- Febreiro 2020: “Na Road Trip Protesta a Rianxo aprendimos que un Centro de Día é posible, e significa dignificar aos maiores”.
- Outubro 19: Boca de Sapo presenta 1.000 sinaturas para esixir a apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Xullo 19: Un berro silencioso, e medieval, pola apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Maio 2019: Corcubión enteiro sae á rúa polo Centro de Día.
- Maio 19: A cidadanía de Corcubión mobilízase polo Centro de DíaA cidadanía de Corcubión mobilízase polo Centro de Día.
- Camariñas, Corcubión e Ponteceso valoran o si da Xunta ao Centro de Día de Malpica.
- Outubro 2018: A Xunta volve negarse a poñer en marcha o Centro de Día de Corcubión.
- Outubro 2018: “Os técnicos de Servizos Sociais da comarca de Fisterra trasladaron á Deputación a necesidade de abrir o Centro de Día de Corcubión”
- Setembro 2017: O BNG critica a postura da Xunta co centro de día de Corcubión.
- Setembro 2017: A Xunta rexeita a abrir o Centro de Día de Corcubión
- Novembro 2015: O BNG de Corcubión pregunta polo esquecido Centro de Día.
- Maio 2014: O Centro de Día de Corcubión ve a luz.
- Xaneiro 2013: O BNG de Corcubión denuncia un novo retraso nas obras do Centro de Día
- 09-03-11: O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día.