O Medievo de Corcubión non pasa de moda


Non decae. Mentres outras propostas semellantes fenecen no intento, o Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión cumpliu 15 anos demostrando que non pasa de moda. Volveu ser a implicación do pobo a gran clave para facer desta festa temática unha completa que traspasa a fronteira da vila corcubionesa, unha festa da que disfruta toda a comarca fisterrá.
O venres a vila engalábase cos postos gastronómicos e cos dos artesáns. A música e o teatro comezaba a aparecer en escena despois do alzamento do pendón, e á noitiña, o areal de Quenxe volvía acoller, varios anos despois, o Desembarco, o gran distintivo desta festa. Unha representación histórica da expulsión das tropas do arcebispo Rodrigo de Luna no 1457. E como daquela, o pobo liderado polo bravo Gómez de Rioboo, foi de novo o pobo o protagonista. Foron moitos os veciños participantes na representación deste Desembarco aló embaixo, sobre area, convertíndose de novo en heroes.
Pero a festa continuaba polas rúas. Os “kebaps medievais” compartían protagonismo cos espectáculos de grupos como Cornalusa, Os Errantes, que degustaron, ou A Troula, un dos que máis gustan. É precisamente a música un dos puntos fortes deste mercado.
A cetrería, o teatro e os malabaristas tamén foron importantes, ademais dos oficios, que fan algo auténtica a feira.
De novo, foi o pobo o alma deste Mercado, que cumple 15 anos, e demostra que non perde o seu poderío, pois ao contrario que noutras feiras como a coruñesa, a xente se disfraza, e aí reside o éxito.

Novas relacionadas
- Manuel Vilar sitúanos en contexto para o Mercado Medieval de Corcubión.
- 2015: O Mercado Medieval Costa da Morte cumple 15 anos recuperando o Desembarco.
- Mercado 2013: O Mercado Medieval de Corcubión mantén o seu tirón.
- Mercado 2012: O Mercado Medieval de Corcubión non perde tirón.
- Mercado 2010: As mil caras do X Mercado Medieval Costa da Morte.
- Mercado 2010: Noite de silencio e xantar de xúbilo no Medievo corcubionés.
- Mercado 2010: Reportaxe sobre o Desembarco do Mercado Medieval Costa da Morte: O pobo de Corcubión puido un ano máis coas Tropas do Arzobispo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).