Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Os muíños do Rego de Quenxe

O Modesto Patrimonio: Os muíños do Rego de Quenxe

Xa nos ten falado do lugar de Quenxe. Hoxe quere afondar na desfeita que fixo a urbanización sobre os seus tesouros patrimoniais favoritos, os muíños.

Os muíños do Rego de Quenxe – Corcubión

Muinho de Quenxe en Corcubion-Foto-Modesto Garcia Quintans Muíño de Quenxe en Corcubión-Foto-Modesto García Quintáns

O Lugar de Quenxe, xunto cos de Oliveira, A Marela, Vilar e Redonda conforman a parroquia de San Pedro de Redonda do Concello de Corcubión. Polo norte deste territorio está atravesado por un regato orientado de oeste a este, duns 600 m. de largo que nace na fonte do Rial, alimentado polos manantiais de San Pedro e do Arieiro. Desemboca no barrio de Quenxe de Abaixo, despois de recorrer uns 600 m. e salvar un desnivel duns 50 m.

Este traxecto era ideal para a construcción de muíños fariñeiros como o atestigua un documento do ano 1753, que literalmente dí: “En la feligresía de Redonda ay tres molinos de cubo y piedras negras que muelen todo el año y están sitos en el lugar y río de Chenxe y muelen con el agua de este mismo río y el uno de ellos que llaman o Terreo do Moyño es de Bartholomé de Lago, vecino del citado lugar de Chenxe. Otro que llaman de Chenxe es de Dña.Theresa Sacristán Obispo vecina de la referida Villa de Corcubión y el otro llamado Lobeira es de Domingo de Martín y otros consortes, vecinos del lugar de Lobeira”.

Ao longo do s.XX construíronse catro máis que desde o nacemento, augas abaixo son: Muíño de Trillo, que nunca moíu por falta de pendente; Muíño do Terreo; Muíño de Redonda, de mampostería en estado ruínoso. Polo lateral norte deste muíño tiña un lavadoiro público de formigón cuberto que foi restaurado. A uns 10 m. aguas abaixo deste muíño está o Muíño de Quenxe, de cubo e mampostería con tellado de formigón a una caída. A porta está orientada cara o oeste e sobre o dintel ten una cruz grabada xunto cunhas letras ilegibles. Carece de “capa” e “rodicio” e o estado de conservación é ruínoso.

Muinho do Carnotan en Quenxe-Corcubion-Foto-Modesto Garcia Quintans Muíño do Carnotán en Quenxe-Foto-Modesto García Quintáns

Augas abaixo, cruzando a estrada está o Muíño do Carnotán, Muíño do Franco e Casa Grande e o Muíño dos Moralinos. Estos dos últimos xa non existen. Na parte final deste territorio era de enorme riqueza. Estaban asentadas as fábricas de salazones, o abastecimiento de carbón pola Compañía General de Carbones SA, creada por Plácido Castro Rivas, carpintería de ribeira. Esto deu orixe a coñecerse como Quenxe de Abaixo, aínda que nunca foi recoñecida oficialmente.

Estos terreos sufrieron una “metamorfosis” especulativa. Comprados con vistas o asentamento de industrias foron pasando por varias mans, comenzando  por un camping, campo de fútbol y más tarde o Instituto co seu polideportivo, rematando  nunha urbanización.

No tramo final do regato,  había un desvío cara a fábrica de salazóns  eo asentamento da urbanización modificou o seu cauce natural na desembocadura.  O lavadoiro público co seu entorno foi restaurado a comenzos deste verán de 2017.

Muinho restuarado da Redonda en Corcubion-Foto-Modesto Garcia Quintans Muíño restaurado da Redonda en Corcubion-Foto-Modesto García Quintáns
  • Modesto García Quintáns.
 

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios