venres. 24.10.2025
El tiempo

A Plataforma Porto Si Mortos Non de Corcubión volve solictar unha reunión co presidente de Portos

proxecto Porto Mixto Corcubion
Imaxe do proxecto do Porto Mixto Corcubión presentado en 2023
A Plataforma Porto Si Mortos Non de Corcubión volve solictar unha reunión co presidente de Portos

Dende que a Xunta asumiu todas as competencias litorais aló por xuño, Plataforma Porto Si Mortos Non de Corcubión, levan intentando manter unha reunión con Portos de Galicia para saber como se atopa o proxecto do Porto Mixto. Un proxecto que segue esperando a resolución do Estudo de Impacto Ambiental do “Proxecto do Porto Mixto de Pesca de Baixura e Náutica de Recreo de Corcubión,que levan meses de análise.

Ante esta situación de parálise e tendo en conta as promesas realizadas na última década, a Plataforma volveu solicitar unha reunión co presidente de Portos de Galicia. "Desde o mes de xuño vimos solicitando esta reunión por diferentes vías —envío de correos electrónicos, chamadas telefónicas e rexistro a través da sede electrónica— sen ter recibido ata o de agora ningunha resposta", afirman.

A Plataforma, creada hai 3 anos, quere coñecer se hai avances na avaliación ambiental. "Consideramos fundamental e transparente dispoñer desta información para poder trasladala tanto aos propietarios das embarcacións como aos veciños e veciñas de Corcubión y comarca, directamente interesados na evolución deste proxecto".

Histórico do proxecto

Sucesos no peirao

 

 

Comentarios