Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Porto Deportivo de Muxía, presente no Salón Náutico de La Rochelle

O Porto Deportivo de Muxía, presente no Salón Náutico de La Rochelle
Cataventos co Porto de Muxia no Salon Nautico de La Rochelle

Aí os vemos, aos corcubioneses Marcos Trillo e Noemí Bermúdez de Castro, de Cataventos Escola de Vela, promocionando xunto co Presidente de Portos de Galicia, o Porto Deportivo de Muxía no Salón Náutico Grand Pavois de La Rochelle.

Unha gran ocasión para espallar o turismo náutico por toda Europa, pois a Bretaña Francesa, o outro Finisterre moito mellor preparado para recibir ao turista, é un dos puntos de maior tráfico de barcos de vacacións.

A feira celébrase na localidade francesa ata o domingo 22 e constitúe un evento de referencia no panorama náutico internacional. Portos de Galicia encabeza nela a estratexia promocional dos portos deportivos galegos que, como o porto de Muxía, establecen contactos para o desenvolvemento de negocios internacionais con usuarios doutros portos europeos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios