O Concello de Corcubión seguirá sen ningunha dedicación

10:20 13/07/11

Como ocorrera na anterior lexislatura, a oposición corcubionesa, formada por 3 concelleiros do BNG e 2 do PP, votou en contra no último pleno do Concello rexeitando así as dedicacións propostas polo grupo de goberno do PSOE.
O PSOE pedía unha dedicación parcial para un dos seus concelleiros de 13.800€ brutos ao ano. O alcalde xa renunciara á súa dedicación unha vez que sabía que a oposición a ía botar abaixo.
Deste xeito, o Concello corcubionés continúa sen que os seus responsables políticos se poidan dedicar completamente á vida municipal.
Novas relacionadas
- 04-05-08: Chisco non terá dedicación exclusiva no concello de Corcubión .
- O BNG oponse ás dedicacións exclusivas propostas por Ramón Vigo.
- O BNG de Muros denuncia que o PSOE aumenta os soldos políticos en 50.000€.
- O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior e os soldos políticos descenden máis dun 80% por cento.
Fonte
- Radio Nordés - Cadena Ser.