O temporal deixou un regueiro de incidencias e cifras extremas de vento e chuvia
Triple alerta laranxa a que sufrimos estes días co paso da borrasca Beatriz. Vento, chuvia e mar, combináronse para lembrarnos que xa estamos definitivamente instalados no inverno.
Así o ratifican as cifras dos valores extremos colleitados nas estacións meteorolóxicas da Costa da Morte, situándose entre os máis potentes de Galicia Por exemplo, rexistráronse refachos de 121 km/h en Fisterrae de 120,1km/h na Gándara (Vimianzo) ao longo da tarde de onte. Dous dos puntos máis venteados do país, pero aínda lonxe da estación de Penedo do Galo, onde se rexistraron 145,9km/h. En Malpica aínda rozan os 100km/h durante esta mañá de mércores.
https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/2209597009365647/?t=3Non foi menos a cousa en canto a chuvia, pois en Zas (estación Coto Muíño) caeron nada menos que 11,0 l/m2, mentres que en Santa Comba 72,8 l/m2, rexistrados na estación de Fontecada.
Chuvia que provocou inundacións das zonas típicas, como Laxe, o val de Vimianzo, ríos de Santa Comba…
Máis grave foi a cousa en Cee, onde as chuvias provocaron as típicas inundacións que desta volta foron acompañadas por fecais, que provocaron uns cheiros fedorentos.
https://www.facebook.com/RedmeteoP/videos/326079491553502/?t=11 O temporal tamén afectou ás zonas baixas de Corcubion-Foto-Rafa Quintans VImianzo inundado-Foto-Xose AdrianIncidencias
Os tipos de incidencias que máis se repetiron en Galicia foron por obstáculos, terra e pedras nas estradas (80), bolsas de auga nas vías de circulación (12) e restos de accidentes e obxectos na vía (8). Vimianzo rexistrou 4 incidencias ao longo do día de onte, se ben os Bombeiros de Cee tiveron que acodir a retirar, por exemplo, varias árbores unha no lugar de Buxantes ó remate da mañá e outra pola tarde no lugar de Padreiro de Abaixo.
Segue a alerta no mar
A predición meteorolóxica adversa continúa, pois segue activada a Alerta laranxa por costeiros, aya as primeiras horas da tarde deste mércores, con ventos que poden seguir alcanzando forza 9, con mar combinada de 5 a 6 metros.