Venres. 10.05.2024
El tiempo

Os veciños de Corcubión miran con preocupación a situación do Centro Sociocomunitario

Os veciños de Corcubión miran con preocupación a situación do Centro Sociocomunitario
Centro Sociocomunitario de Corcubion

Non hai moito estivemos disfrutando da clausura do curso anterior. Pero o Centro Sociocomunitario de Corcubión vive malos momentos. Os usuarios do Centro veñen de enviarlle unha carta ao Presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijoo amosando a súa preocupación porque "por primeira ve dene que o centro se abriu non sabemos cando imos poder seguir coas actividades que desenvolvemos todo o ano".

Valoran os usuarios, na súa maioría veciños de avanzada idade chegados non só do termo municipal de Corcubión, que "estas actividades fannos saír da casa cada día e serven para mantérmonos activos".

Conscientes dos tempos de crise os que se viven, consideran que a día de hoxe "estasenos pedindo un esforzo demasiado grande só a uns poucos", considerando que "pagamos máis polas actividades que outros centros máis grandes".

Así, pídenlle na carta ao Presidente da Xunta:

  • "Poder seguir disfrutando das nosas actividades pero no centro e cun númoer de persoas axeitado á capacidade do centro".
  • "Poder seguir cos nosos monitores xa que son grandes profesionais e grandes persoas que se preocupan por nós e polo centro".
  • "Seguir aportando cartos para poder ter as actividades pero que esa cantidade sexa igual á que aportan outros centros".
  • "Por último, solicitamos que fagan todo o necesario para que as actividades do centro poidan continuar como ata agora, con independecia dos problemas administrativos que poida haber porque á nosa idade é moi triste que a pouca ou moita vida que quede sexa de calidade dependendo da burocracia".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios