Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Óscar Insua reafírmase como Candidato do BNG á alcaldía de Corcubión

Óscar Insua reafírmase como Candidato do BNG á alcaldía de Corcubión
Onte, xoves 3 de febreiro de 2010, presentábase en Corcubión o seu candidato á alcaldía de cara ás eleccións municipais de maio. E como non podía ser doutro xeito o elixido por unanimidade pola Asemblea Local é Oscar Insua, voceiro local e responsable comarcal de comunicación. A presentación tivo lugar na sé do BNG da Costa da Morte, sito en Corcubión. Insua estivo acompañado de Carlos Aymerich, ademais de outros membros do partido como o candidato fisterrán Modesto Fraga. Insua adiantou que xa tiñan a candidatura perfilada, polo que nun corto período de tempo a presentarán aos veciños de Corcubión, e manifestou ao respecto que “fomos quen de confeccionar unha equipa de personas extraordinaria, cunha gran capacidade de traballo e de xestión, e cunha enorme competencia para que os veciños poidan depositar a súa confianza en nós”. Pola súa banda Aymerich Foi Aymerich destacou “do que vai ser alcalde de Corcubión despois das eleccións de maio", nas súas palabras, "a súa experiencia, a súa formación e sobre todo a súa honradez para gobernar o municipio”. Insua tamén presentou as liñas mestras que rexerán o programa, que se centrarán na activación da economía local e fomento do emprego; mellora do benestar, sobre todo centrándose nos maiores, nenos e mulleres; medidas sobre a ordenación territorial do municipio e sobre o urbanismo, encamiñadas a dotar dun plan xeral a Corcubión; e propostas para a mocidade, políticas para a igualdade e medidas activas e transversais para o incremento da participación social, a transparencia e a ética na actuación local e a modernización administrativa local, en definitiva un concello máis áxil e eficaz.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios