Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Piden o arranxo da rede de saneamento polas continuas inundacións e malos cheiros diante da oficina bancaria de Corcubión

inundacions e malos cheiros en Corcubion
Piden o arranxo da rede de saneamento polas continuas inundacións e malos cheiros diante da oficina bancaria de Corcubión

Son moitas as problemáticas da rede saneamento de Corcubión. Unha carencia que leva moitos anos anegando a vía dase na Avenida da Mariña, diante dos negocios e ao lado da beirarrúa onde se atopa a única oficina bancaria da vila. “Cando hai choiva abundante, nese punto conflúen as augas pluviais coas residuais, o que fai que no se cubra toda a necesidade de recollida de auga, e se desborden as canalizacións, saíndo a auga por fóra dos sumidoiros”, denuncian dende Sempre Corcubión.

Esta situación provoca o estacamento de auga, así como a imposibilidade de transitar por esta zona de alto tránsito peonil, xa que tamén se inunda a estrada e a beirarrúa, e provocando ás veces, malos cheiros provocados polas residuais.

”Deberíase facer un estudio sobre esta problemática, xa que pensamos que é algo ao que se lle debería dar prioridade e intentar solventalo o antes posible. Intentar dalgún modo dar unha solución definitiva a estes dous problemas de desbordamento e cheiros”, piden dende o grupo da oposición, “e non mirar para outro lado como están a facer as autoridades competentes, sendo coñecedoras desta situación, que nos últimos tempos agravouse. E é unha situación que está dando unha mala imaxe dunha vila turística como é a nosa”, sentenzan.

Comentarios