Piden a renovación da cabina dos taxis de Corcubión
09:56 24/02/26
Está caendo a anacos a cabina de taxis de Corcubión. Con 35 anos ás súas costas, sufriu ademais as inclemencias deste duro inverno, e xa nin pecha a porta e a súa base está a piques de esfolares. É un espazo importante, moi visible ademais, no medio e medio da Praza de Castelao, o corazón da vila, onde os taxistas se poden resgardar e reciben as chamadas.
Os profesionais, a través neste caso do grupo Sempre Corcubión, veñen de facer unha denuncia na que reclaman a atención do goberno municipal para que arranxe, repare, restaure ou substitúe a batida cabina.
