Piden á Xunta o arranxo as deficiencias da Igrexa de San Marcos de Corcubión

O deputado do BNG da Costa da Morte, Oscar Insua, vén de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego na que insta á Xunta a realizar un estudo para avaliar as deficiencias na cuberta e fachada da Igrexa de San Marcos de Corcubión, así como redactar o proxecto de rehabilitación e financiar as obras de reparación que sexan necesarias. 

Desde o BNG apuntaron que na actualidade o templo presenta problemas nas cubertas e nos seus muros, que provocan numerosas filtracións de auga que afectan ao patrimonio escultórico da igrexa e ao reloxo da fachada.

"É preciso facer un estudo cantos antes, para detectar todas as deficiencias no tellado da igrexa, e saber se hai que cambialo enteiro ou se poden facer reparacións puntuais”, sinalou Oscar Insua, que lembrou que “en todo caso, dado que estamos ante un Ben de Interese Cultural, a Dirección Xeral de Patrimonio ten que buscar xa unha solución para facer as obras de rehabilitación, antes de que teñamos que lamentar mais desperfectos ou se deterioren os elementos arquitectónicos do templo".

“Espero que a Xunta asuma o compromiso  para levar a cabo as obras da cuberta e fachada da igrexa de San Marcos”, subliñou o representante nacionalista.

Máis novas