Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O reloxo da Igrexa de San Marcos volve funcionar tras 5 anos avariado

Igrexa de San Marcos-Foto-Vicente Bernal
Igrexa de San Marcos-Foto-Vicente Bernal
O reloxo da Igrexa de San Marcos volve funcionar tras 5 anos avariado

Xa nos avisara Vicente Jesús Bernal hai un par de anos. O reloxo da Igrexa de San Marcos leva 5 anos sen marcar as horas.

Pero hoxe o Concello de Corcubión vén de anunciar a súa reparación. A implicación dun veciño afeccionado ao mantemento e arranxo de reloxos e a vontade do goberno municipal de manter e mellorar o patrimonio corcubionés, confluiron nunha iniciativa que devolveu á vida ao reloxo da fachada principal da igrexa da vila. O veciño, que quere manterse no anonimato, levou a cabo o arranxo sen custo algún e a partir de agora será o goberno local quen se encargue do mantemento dunha peza de gran valor histórico.

Neste tempo, tanto a maquinaria como o moble que o protexe sufriron desperfectos debidos á falta de conservación. O mesmo veciño que repara agora á peza xa o arranxou logo de que acumulase 20 anos avariado. Agora, grazas á súa xenerosidade, o reloxo volve a funcionar tras 5 anos de parálise.

Dende o goberno "queremos agradecer a xenerosidade deste veciño, comprometéndonos a facer todo o posible para coidar unha peza cun valor incalculable. A posta en valor do patrimonio local é un obxectivo irrenunciable da acción deste novo goberno", sinalan.

A historia do reloxo

A historia do reloxo comenza en 1906, cando foi doado ao consistorio por un emigrante muxián que residía en Cuba, José María del Río Osorio, pariente de Plácido Castro Rivas.
Del Río, dono da ferretería “La Campana” de La Habana, foi membro da directiva da Sociedade de Gallegos. Este benefactor deixou no seu testamento 30.000 pesos para a cosntrución dun grupo escolar en Muxía e 1000 pesos de ouro para adquirir este reloxo. En 1908 foi instalado na fachada da igrexa parroquial corcubionesa, manténdose ata o día de hoxe. O concello de Corcubión, notificado o testamento de Del Río Osorio, acorodu instalar unha inscripción de agradecemento ao doante na propia base do reloxo.

Comentarios