Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Propoñen unha serie de obradoiros para a moicdade no verán corcubionés

Obradoiros mocidade corcubion
Propoñen unha serie de obradoiros para a moicdade no verán corcubionés

Facérmonos maiores: Obradoiros de radio, danza urbana, deporte e natureza, deporte e aventura en Corcubión para a rapazada de entre 12 e 16 anos

A Concellería de Cultura, Benestar, Igualdade e Muller no marco do programa Corcubión Concilia dentro do Plan Corresponsables vén de anunciar unha serie de obradoiros temáticos para a mocidade. Radio, danza urbana, deporte e natureza deporte e aventura, serán as temáticas destes talleres que se desenvolverán durante o mes de xullo adicados específicamente á rapazanda máis maior (idades entre 12 e 16 anos) baixo o proxecto Facémonos Maiores.

Desde o próximo 24 e ata o 30 de xuño, dado que aínda hai prazas dispoñibles, abrimos a oferta de inscripción dos mesmos a calquera rapaz ou rapaza da contorna que poda estar interesado ou interesada. Atenderánse ás peticións segundo orde de inscripción. As mesmas pódense realizar a través da sede electrónica ou da oficina do Concello en horario de atención ao público de 9 a 14h.

Obradoiro de produción de Radio impartido por Toño Casais. Desde o 9 ao 12 de xullo de 10,30 a 13,30h

Consistirá na produción e creación dun programa de radio. Desde a idea orixinal, ata a gravación no estudio. Contará cunha pequena parte explicativa pero será eminentemente práctico. Sempre enfocado á autoxestión. Haberá unha toma de contacto cos equipos técnicos para ter coñezecemento sobre eles e saber maneixalos

Obradoiro de iniciación ao breaking por break in clan. Desde o 15 ao 19 de xullo de 10,30 a 13,30h

Coñeceremos os pasos e habilidades básicas do breakdance, co obxetivo de chegar a ser capaces de improvisar libremente coa música, ou como tamén lle din: "freestylear". Faremos preparación fisica, mediante exercicios de forza, flexibilidade e coordinación. Pero tamén traballaremos a musicalidade e expresividade corporal. Ademais afondaremos nas orixes históricas da danza urbana para saber realmente de onde procede

Obradoiro de Deporte e Natureza por Carlos Pazos. Desde o 22 ao 26 de xullo de 10,30 a 13,30h

Unha modalidade deportiva fácil e sinxela, de gran valor ecolóxico que permite realizar entretidas camiñadas por diferentes roteiros de pouca dificultade en contacto coa natureza. Buscamos mellorar a calidade de vida a través da adquisición de hábitos saudables, favorecer as relacións persoais entre os participantes e fomentar o respecto e coidado pola natureza.

Obradoiro de Deporte e Aventura por Carlos Pazos. Desde o 29 de xullo ao 2 de agosto de 10,30 a 13,30h

Trataremos de practicar deportes colectivos para favorecer a colaboración e a coordinación entre varios/as xogadores/as desenvolvendo estratexias colectivas. Promoveremos a competencia saudable e as habilidades sociais como a comunicación, o traballo en equipo e o compañeirismo. A experiencia será física e mental e, en ambos casos, desafiante e gratificante. Haberá fútbol sala, baloncesto, volei, etc.

Comentarios