QPC levou a prensa dixital ao CEIP de Corcubión
Invitado pola ANPA Alén, Ubaldo Cerqueiro, director de QPC, acodía este pasado venres ao CEIP Praia de Quenxe para realizar un taller sobre prensa dixital. No marco da Semana da Prensa, o alumnado do centro corcubionés, participou na xornada en dúas quendas: de 1º a 3ª, e de 4º a 6º de Educación Primaria.
Durante a sesión, os máis peques afondaron sobre que é a prensa e os diferentes tipos de medios de comunicación, e viaxaron polas ondas da internet.
Os maiores xa reflexionaron algo máis sobre a importancia da lectura crítica, a importancia de non contribuir a expandir bulos e os perigos das incipientes redes sociais, que pronto formarán parte da súa vida.
Os dous grupos remataron cun taller de facer unha nova. Primeiro repasaron todo o que ten que ter unha nova, e por grupos, crearon a súa nova singular, próxima e dramática, pois algo lle debemos ter estado transmitindo que a maioría das novas eran sucesos.