Xoves. 02.05.2024
El tiempo

QPC espallou a semente crítica no CEIP de Dumbría

Ubaldo Cerqueiro no Cole de Dumbra
Ubaldo Cerqueiro no Cole de Dumbra
QPC espallou a semente crítica no CEIP de Dumbría

Volveu Ubaldo Cerqueiro ao CEIP Santa Eulalia de Dumbría, co gallo da Semana da Prensa. O pequeno centro recibía a visita de varias personalidades entre elas ao responsable do diario dixital da Costa da Morte.

Semana da Prensa no CEIP de Dumbria
Semana da Prensa no CEIP de Dumbria

O primeiro foi Carlos Iglesias Castrillón, xornalista de metropolitano.gal (Diario Dixital de Vigo). Ao día seguinte tocoulle ao responsable de QPC levar a importancia de informarse correctamente, de internet, de como traballa un medio por dentro… Ademais, cos de Primaria realizaron un pequeno exercicio para detectar novas falsas e ter coidado nas redes sociais. O máis importante quedoulles claro: ter unha actitude crítica ao ler e ao escoitar.

Ubaldo quedou abraiado co proxecto sobre as Olimpiadas, e Paraolimpiadas, que están desenvolvendo no centro, e o alumnado de Primaria quedou emprazado, despois de facer un rápido taller, a facer unha nova e contarlle como é o proxecto ao resto da comarca.

Máis novas

Comentarios