Os usuarios do CEEPR Lourdes deseñan nas súas impresoras 3D os primeiros chaveiros QPC

Hai colaboracións que nos fan especial ilusión e esta está ben arriba. A familia do CEEPR Lourdes da Coruña vén de facer uns marabillosos chaveiros para QPC, que servirán de agasallo corporativo.
E non son chaveiros calquera. A Aula Verde do Centro Especial de Ensino é experta no manexo das impresoras 3D, e mesmo esta semana estiveron na Universidade de Ourense compartido a súa sabedoría con estas máquinas.
Porque a familia que forman este centro, situado na zona de Cidade Xardín da cidade herculina, é unha pasada. Usuari@s e docentes forman un equipo que transmite ilusión, gañas de vivir, de involucrarse, de facer cousas, e de colaborar. Foi no marco do Proxecto Entrepatios cando as vidas do CEEPR e QPC se cruzaron e quedarán unidas para sempre!